A Escola Lubiáns de Hoquei Patíns inicia a andadura na OK Liga Bronce medíndose hoxe ás 12.45 o Compañía de María no seu campo, na primeira xornada en busca do ascenso a Prata, a segunda categoría nacional de hoquei patíns.
Nesta fase de ascenso participarán cinco escuadras do norte de España, que serán rivais dos tres equipos galegos en liza (Ordes, Compañía de María e Lubiáns): Iruña HCP (Navarra), Urdaneta (País Vasco), Areces, Patinalón e Oviedo Roller (Asturias).
Este sábado o AC Ordes iniciou con derrota a primeira xornada da OK Liga Bronce, ó perder de xeito axustado ante o Areces (5-4).