Este fin de semana disputáronse as fases finais de junior e infantil ouro, nas que saíron campeóns o Deportivo Liceo e o Dominicos, respectivamente.
Todos os partidos foron retransmitidos en directo pola canle de Youtube da Federación Galega de Patinaxe.
En infantil, o Dominicos impúxose ó Compostela (5-0) e o Deportivo Liceo o Compañía de María (1-3). Namentres, na final gañou o Dominicos o Compañía de María (8-6) e no encontro polo terceiro e cuarto puesto o Deportivo Liceo gañou o CH Compostela (2-3).
Na fase junior o Deportivo Liceo venceu o Compañía de María en semifinais e o Dominicos ó CH Compostela (6-5). Na final a victoria foi para os verdiblancos ante o Dominicos (2-0) e na loita polo tercer e cuarto posto Compañía de María impúxose o Compostela (6-3).