Cos partidos de volta de cuartos de final das eliminatorias da Liga Autonómica Senior de Hóckey sobre Patíns, xa temos os catro equipos clasificados para a Final a 4 que se disputará o próximo fin de semana (25 e 26 de marzo) en Ordes (A Coruña). O Club AA Dominicos, Club Compañía de María “A” e Club Compañía de María “B” solventaban de novo os seus encontros con vitorias, polo que se clasificaban atendendo á súa condición de favoritos según á clasificación acadada ao remate da liga regular. Non ocurriu o mesmo na derradeira eliminatoria, onde o HC Liceo conseguiu manter o seu 3-1 favorable da ida ante o AC Órdenes, que como terceiro clasificado na liga regular no puido exercer a súa teórica superioridade, ao vencer por un 2-1 que foi insuficiente para darlle a volta ao resultado que traían da pista liceísta.
RESULTADOS DOS PARTIDOS DE VOLTA
Club AA Dominicos 6 – 2 HC Borbolla
Club Compañía de María “A” 5 – 0 Escola Lubiáns
Club Compañía de María “B” 5 – 4 CH Compostela
AC Órdenes 2 – 1 HC Liceo
RESULTADOS DOS PARTIDOS DE IDA
HC Borbolla 2 – 7 Club AA Dominicos
Escola Lubiáns 2 – 3 Club Compañía de María “A”
CH Compostela 4 – 9 Club Compañía de María “B”
HC Liceo 3 – 1 AC Órdenes
Por outra banda, co remate este fin de semana da Liga Autonómica Infantil de 1ª División, na que o HC Traviesas lograba a derradeira praza para a Final a 4 en detrimento de AC Órdenes, xa sabemos quen son os equipos clasificados para dilucidar os respectivos campións galegos e os que se clasificarán para a Fase de Sector Norte das categorías Junior, Xuvenil e Infantil.
EQUIPOS CLASIFICADOS
JUNIOR
Final a 4 (A Coruña, 1 e 2 de abril): AC Órdenes, HC Liceo, Club Compañía de María, Club AA Dominicos.
XUVENIL
Final a 4 (A Coruña, 8 e 9 de abril): Club Compañía de María “A”, HC Liceo, Club AA Dominicos, CH Compostela “A”.
INFANTIL
Final a 4 (Santiago de Compostela, 1 e 2 de abril): Club Compañía de María “A”, CH Compostela “A”, HC Liceo, HC Traviesas.