Poucas categorías das ligas autonómicas de Hóckey a Patíns van quedando sen comezar, estando desde onte xoves (6 de outubro) publicados xa os calendarios de Benxamín e Prebenxamín, iniciando ambos as súas respectivas competicións ben o 15 de outubro ou 22, unha semana máis tarde.
No que atinxe a Benxamín, haberá dous grupos de seis equipos (o 1 e o 2) e outros dous de sete (o 3 e o 4), que xogarán unha liga regular a unha volta, pasando os tres primeiros de cadanseu ao Grupo A dos que sairá o campión, mentres o resto dos conxuntos irán ao Grupo B.
En Prebenxamín o sistema de competición é o mesmo, pero a composición de grupos varía, ao contar con seis conxuntos no Grupos 1, 2, e 3 e sete no 7. Pola súa banda, os Micro comezarán no mes de novembro.
Foto: [Alfonso Cebeira]