PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Sep 13

Definido o cadro técnico da FGP para a modalidade de Hóckey sobre Patíns

A piques de iniciarse unha nova tempada de Hóckey sobre Patíns nas competicións convocadas pola Federación Galega de Patinaxe, tamén queda pechado o grupo de adestradores que formarán o cadro técnico que seguirá estando dirixido por Juan Copa, ampliando así o seu primeiro ciclo de catro anos nos que leva desenvolvendo esta función.

O que si muda oficialmente, aínda que xa o viña facendo na última tempada, é o cargo de seleccionado masculino, posto que recaerá en Manuel Togores e que ata o de agora exercía de adestrador axudante de Copa. No que atinxe ás seleccións femininas, será Joan Grasas o novo seleccionador tras unha exitosa traxectoria como xogador, entre outros nos equipos galegos HC Liceo e CP Cerceda, nos que estivo varias tempadas disputando a OK Liga. Trala súa retirada das pistas, estivo como axudante da Juan Copa no HC Liceo a pasada tempada, aínda que na súa derradeira época como xogador no CP Cerceda xa se caracterizaba por ser a continuación do adestrador nas categorías de base. Por outra banda, Pablo Suárez seguirá como preparador físicos de ambas as dúas seleccións.

20180722_Dia9 (388) _MG_9645

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL