Celebrouse este domingo 18 de febreiro a fase previa da Copa Federación de categoría Infantil na que participaron sete equipos distribuídos en dous grupos. A competición desenvolveuse no pavillón Daniel Cordido Castro organizada polo CHL Meigas con Lóstregos Norte e Lóstregos Sur rematando como primeiros clasificados dos seus respectivos grupos, o A e B, sendo os dous únicos conxuntos que gañaron todos los partidos disputados, aínda que non sen certas dificultades para superar aos dous equipos que remataron segundos en cadanseu, logo de dous encontros sumamente emocionantes e que mantiveron a incertidume do resultado ata a súa finalización. Ambos mediranse aos segundos clasificados do outro grupo, polo que A Guarda HL xogará a súa semifinal o 15 de abril, nun lugar que se comunicará próximamente, contra o Lóstregos Sur mentres que Trasnos enfrentarase na outra a Lóstregos Norte.
#eupatino
[Fotos: Paco López]
.