A vindeira semana dispútase en Alcobendas o Campionato de España de seleccións autonómicas Sub15 masculino e feminino no que Daniel Villar e Ivonne Copoví serán dous dos colexiados designados polo Comité Nacional para arbitrar.
O Campionato comeza o xoves 13 e finaliza o domingo 16 de xuño.
Desde a FGP desexámoslles que realicen, coma de costume, unhas boas arbitraxes.