O CP Conxuro A Laracha organizou este sábado no pavillón de Caión o Campionato Galego de Patinaxe Artística na modalidade Libre, que contou coa presenza de 41 patinadores e patinadoras de categoría Nacional de Cadete a Senior.
Xosé Andrés Cruz Alonso (CARPA-Viqueira) e Lucía Fernández Otero (CP Oleiros) en Cadete, Iago Méndez Fuentes e Manuela Vila Doldán, ambos do CPA Maxia en Xuvenil; Javier Martínez García-Picher (CARPA-Viqueira) e Nadia Iglesias de Salvador (CPA Maxia) en Junior; e Pablo Vasallo Rodríguez (CP Oleiros) e Isis Basanta Iglesias (CPA Maxia) en Senior. As clasificacións completas de todas as categorías pódense consultar na nosa páxina web de competicións.
Na cerimonia de entrega de trofeos estiveron presentes Patrica Bello, concelleira de educación, cultura e deportes do Concello de A Laracha; Julio Parga, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe; e Marcos Martínez, vogal do CP Conxuro A Laracha.
[Fotos: José Méndez]
#eupatino