Coa participación de 29 Grupos Show, 21 na categoría de Pequenos e 8 na dos Grandes, disputouse o pasado domingo 17 de xuño no pavillón municipal de Tui (Pontevedra), e organizado polo CPA Ríbex de Tui, o Campionato Autonómico de 2.ª Categoría con especial protagonismo para os clubes das comarcas de Vigo e Compostela, que coparon a maioría das posicións dos podios.
A coreografía “Vuela” deulle ao vigués CP Vagalume-Celtamotor a primeira praza entre os Pequenos con 46,9 puntos mentres CPA Brión e CD Ourela de Ourense completaban un podio moi reñido, pois CP Fontiñas quedaba fóra do mesmo por tan só dúas decimas. Con “Freedom”, o CP Campus Stellae de Santiago de Compostela acadaba a primeira 6 praza con 42,6 superando así a CP Soutomaior e CP Oroso, que os acompañaban no podio.
Os resultados pódense consultar no documento adxunto ou na páxina web de competicións da FGP.
[Fotos: CP Campus Stellae, CPA Brión, CD Ourela, CP Vagalume-Celtamotor, CP Soutomaior, CP Oroso]
#eupatino