O luns 1 de maio de 16:00 a 18:00 horas realizarase unha convocatoria de tecnificación de Parellas de Danza de Patinaxe Artística, dirixida por Brais Abad no pavillón do Espiño en Carral (A Coruña), que estará enfocada á participación dos patinadores e patinadoras no Campionato de España que se celebrará os días 19 e 20 de maio en San Vicenç de Montal (Barcelona).