O vindeiro domingo, 12 de febreiro, celébranse as primeiras Probas de Nivel Freestyle do ano e o Trofeo O Porriño FSV Roller Cross, que será en formato Open, ainda que aos federados poderá puntuarlles para o Ranking Autonómico, xa que corresponde coa I Etapa do Circuito Galego de Roller Cross.
Terán lugar no Pabellón do Colegio Xose Fernández López, en O Porriño, Pontevedra.
A xornada está organizada polo club FSV en conxunto coa Federación Galega de Patinaxe e estará dividida en duas partes coa seguinte previsión:
– Pola mañá, as Probas de Nivel (xornada de portas abertas) de 10:00 a 13:30: Se concretarán os horarios ao saber as probas específicas de Roller Freestyle que se poderá incluir para esta xornada.
– Pola tarde, o Trofeo O Porriño FSV Roller Cross, que dará comezo ás 16:00 e se estima que rematará ás 19:30. Os datos desta convocatoria especifícanse no seguinte documento: Convocatoria_Trofeo_OPorriño_FSV_RollerCross_2023.
Para as Probas de Nivel, será necesario avisar ao correo comitefreestyle@fgpatinaxe. gal a interese na participación, enviando o nome completo e ano de nacemento, todos aqueles federados que queran participar nas Probas.
Para participar no Trofeo, deberán inscribirse a través da propia Intranet da FGP.
O prazo de inscrición estará aberto ata as 14:00 horas do venres 10 de febreiro de 2023.