A Fundación Deporte Galego publicou este martes, 9 de novembro, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2021, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2021”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.
Esta convocatoria conta nesta ocasión con oito tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5, Axuda DGAN 6 e Axuda D.A. (Deportista de Apoio/guía) que serán asignadas segundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2020 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que dende a vosa Federación Galega poidades acreditarnos posteriormente ás solicitudes das persoas deportistas.
Este ano, como novidade, haberá unha oitava liña de axuda, orientada a persoas DGAN que acrediten dende a súa federación deportiva que non puideron participar nas competicións deportivas estatais ou internacionais oficiais, por seren canceladas éstas por mor da pandemia COVID19 ou por sufrir un contaxio por COVID19 ou corentena por contaxio de contacto próximo e ademais foran beneficiarios/as dunha Axuda DGAN resolta na convocatoria correspondente ao exercicio presupuestario 2020 (valoración de resultados de 2019).
O prazo de presentación de solicitudes comezou este mércores 10 de novembro e rematará o vindeiro martes 23 de novembro de 2021.
¿Quén poderá solicitar estas axudas?
- Todas aquelas persoas deportistas que estén ou estiveran recoñecidas pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2020 e/ou 2021 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).
- Haberá que cursar a solicitude de axuda de forma telemática, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Terán á súa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderán utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/
chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá mércores 10 de novembro). - Presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administración Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.
- Remitirnos unicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal). Naqueles casos nos que se teña que acreditar a non participación en competicións por mor de corentena por contaxio COVID19 ou por contaxio de contacto próximo, algún documento oficial sanitario no que así se acredite.
- Evitar acudir á Federación Deportiva Galega correspondente para que lles cubrades o certificado de resultados, pois o mesmo seravos solicitado directamente por parte da Fundación Deporte Galego; incuimos neste correo o formato de Certificado que vos enviaremos xunto cos nomes das persoas DGAN solicitantes, despois de rematado o prazo de solicitudes o martes 23 de novembro.
Anuncio DOG AXUDAS DGAN 2021 (galego)
Anuncio DOG AYUDAS DGAN 2021 (castellano)
PR961A Formulario-certificado Federación Axudas DGAN 2021