Con data 4 de xullo, a presidenta da FGP convoca eleccións á Asemblea Xeral, Presidencia e Comisión Delegada. O acto de votación para a Asemblea Xeral terá lugar o 8 de outubro de 2022, en horario de 16:00 a 20:30 horas e con dúas mesas electorais, unha na sede federativa da Coruña para os electores de Lugo e A Coruña, e outra na delegación de Vigo para os electores de Ourense e Pontevedra.
O acto de votación para a elección da presidencia celebrarase o 2 de decembro de 2022 ás 20:30 horas na sede federativa da Coruña.
Atópanse dispoñibles na web da FGP, así como nos taboleiros de anuncios das sedes federativas, os censos electorais provisionais. Disponse dun prazo ata o 18 de xullo para realizar reclamacións ao censo, mediante correo electrónico á dirección juntaelectoral@fgpatinaxe.gal, as cales serán resoltas pola Xunta Electoral. Aquelas persoas físicas que figuren en máis dun estamento (resaltadas en amarelo no censo provisional), terán este mesmo prazo para elixir en cal desexan figurar no censo definitivo.
Todo o proceso electoral 2022 está regulado polo Regulamento electoral aprobado pola Asemblea Xeral da FGP e visado pola Secretaría Xeral para ou Deporte, o cal se pode consultar, así como o calendario electoral, no apartado correspondente da web (ligazón).