O pasado xoves, 29 de decembro de 2016, constituíase oficialmente unha nova modalidade da Patinaxe coa creación do Comité Galego de Skateboard, que estará formado por Anxo Comesaña Martínez, Iván Rodríguez Marqués e Alexander Golovanov. O Skateboard nace en Galicia coa finalidade de dar os primeiros pasos, con reunións mensuais e estar a disposición de calquera deportista que poida estar interesado na devandita especialidade.