Tamén este pasado fin de semana remataban as ligas regulares Xuvenil e Alevín (1.ª División) de Hóckey sobre Patíns, nas que os catro primeiros clasificados de cadansúa categoría xogarán a Final a 4, ambas no pavillón de Monte Alto da Coruña os días 7 e 8 de abril.
No que atinxe á categoría Xuvenil, Club Compañía de María “A” era o primeiro logo de 22 xornadas con 60 puntos seguido por HC Liceo con 58, CH Compostela “A” con 57 e Club AA Dominicos con 49.
En Alevín, o CH Compostela “A” finalizaba a liga regular no primeiro posto con 63 puntos tras completar 24 xornadas. A continuación clasificábanse HC Liceo “A” e Club Compañía de María “A”, ambos con 59, e Club AA Dominicos con 55.
#eupatino