PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 23

Con todo decidido, este fin de semana conclúen as ligas regulares de Alevín e Senior Feminino de Hóckey sobre Patíns

Ademais da Final a 4 de Senior Masculino en Ordes, este fin de semana conclúen as ligas regulares das competicións autonómicas de Hóckey sobre Patíns das categorías Alevín e Senior Feminina, polo que quedan xa definidos todos os equipos que disputarán as Finais a 4 previstas polo regulamento da modalidade da FGP. Con todo, non será necesario agardar aos resultados das dúas últimas xornadas en Alevín nin aos dous partidos que restan na derradeira no caso da Feminina, pois os catro equipos clasificados de cada unha están clasificados de antemán.
Así en Alevín será CH Compostela «A», xa primeiro clasificado da liga regular, o que acompañará a AC Órdenes, HC Raxoi «A» e HC Liceo «A» á Final a 4 dos días 8 e 9 de abril no pavillón de Monte Alto da Coruña, onde tamén se disputará a Senior Feminina os días 29 e 30 de abril con HC Liceo, primeiro da liga regular, HC Borbolla, CH Compostela e CP Oroso, sendo ademais estas as catro formacións de categoría Senior, pois tanto HC Raxoi como Club Compañía de María competiron con xogadoras Sub16, polo que finalizarán así a súa liga á espera de coñecer cantas prazas se outorgarán para o Campionato de España de Clubes Sub16.

Horarios, resultados e clasificacións

2017-HP-Femenina

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL