A Federación Galega de Patinaxe mostra o seu máis enérxico apoio o HC Deportivo Liceo, principal perxudicado polas decisións adoptadas pola Real Federación Española de Patinaxe en relación a finalización da OK Liga da presente tempada.
A FGP aposta pola implementación das modificacións regulamentarias que sexa mester para establecer mecanismos de reacción ante situacións excepcionais o de forza maior, coma a derivada da pandemia covid-19, que den maior seguridade xurídica os clubes intervintes nas diferentes competicións.