A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte informounos no serán do martes 19 de xaneiro da decisión de adiar as competicións federadas de ámbito autonómico, quedando excluidas
as de ámbito estatal.
A partires das 00:00 do xoves as competicións de nivel autonómico fican adiadas, namentres que os adestramentos só estarán permitidos a nivel individual e cun máximo de catro personas.
En todos os casos estes adestramentos deben adaptarse o peche perimetral de cada localidade e o toque de queda das 22 horas, según dicta o DOG 11 bis do 19 de xaneiro de 2021, e seguir cumprindo os protocolos FISICOVID da FGP e as indicacións sanitarias en cada intre.
Baseado no exposto anteriormente, todas as competicións da FGP quedan adiadas
ate novo aviso.
No canto de que vaiamos recibindo novas indicacións por parte de Saniade o da Secretaría Xeral para o Deporte iremos informando.
Federación Galega de Patinaxe