Esta fin de semana celebráronse as F4 en categoría Alevín e Xuvenil para decidir o Campión Galego de hóckey a patíns 2024, na que o Cub Compañía de María alzouse cos dous triunfos.
Os resultados das semifinais foron os seguintes:
ALEVÍN:
Compañía de María Azul 3 – CH Oleiros A 1
Dominicos A 6 – Deportivo Liceo A 2
XUVENIL:
Compañía de María Azul 4 – AC Ordes 2
Deportivo Liceo A 5 – Dominicos A 2, (tras xogarse a prórroga por finalizar o partido 2-2)
O domingo pola mañá era a quenda das finais de consolación. En categoría Alevín, o Deportivo Liceo A se impoñía na prórroga ao CH Oleiros A por un axustado 7 – 6, mentres que en categoría Xuvenil sucedía o mesmo e, tras a prórroga, o Dominicos A derrotaba ao AC Ordes por 3 – 1.
Pola tarde foi a quenda das Finais.
Nun abarrotadísimo Pavillón de A Rabadeira, cun público totalmente entregado e os catro equipos dandoo todo, vivíronse dous auténticos partidazos de hóckey a patíns.
Primeiro era a Final Alevín, na que Compañía de María Azul gañou 8 – 4 al Dominicos A.
Despois chegou a Final Xuvenil entre Compañía de María Azul e Deportivo Liceo A, partido intensísimo e trepidante que finalizou sen goles grazas á actuación dos porteiros. Na prórroga, o Compañía de María conseguiu marcar e levouse o partido 2 – 0.
Clasificación final Alevín:
Campión: Compañía de María Azul
Subcampión: Dominicos A
3° clasificado: Deportivo Liceo A
4° clasificado: CH Oleiros A
Clasificación final Xuvenil:
Campión: Compañía de María Azul
Subcampión: Deportivo Liceo A
3° clasificado: CAA Dominicos A
4° clasificado: AC Ordes
Á entrega de Trofeos e medallas acudiu a Concelleira de Deportes do Concello de Oleiros, a Presidenta da FGP, o Presidente do CH Oleiros e Jorge Varela, do Comité de hockey patíns da FGP e membro da Xunta Directiva.
Desde a FGP queremos felicitar e agradecer ao CH Oleiros pola súa organización nestas F4.