Esta fin de semana disputábase en Oleiros a Fase de Sector Alevín, con representación asturiana e galega, en busca das dúas prazas que daban acceso ao Campionato de España a celebrar do 17 ao 19 de maio en Igualada, Barcelona.
Finalmente, Compañía de María Azul, como Campión do Sector e CH Oleiros A como 2º clasificado foron os que conseguiron ditas prazas.
Á entrega da Copa ao Campión acudiu o Alcalde de Oleiros e a Concelleira de Deportes .
Clasificación Final:
Campión: Compañía de María Azul
Subcampión: CH Oleiros A
3º clasificado: Dominicos A
4º clasificado: Deportivo Liceo A
5º clasificado: CP Mieres
6º clasificado: Oviedo Roller HC
7º clasificado: Centro Asturiano
8º clasificado: Oviedo Roller HC B
No Sector Xuvenil, disputado en Pola de Lena, Asturias, Compañía de María Azul Campión e Dominicos A como 2º clasificado, conseguiron as prazas para o Campionato de España a celebrar en Vilaseca, Tarragona, do 17 ao 19 de maio.