O Polideportivo de Monte Alto, en A Coruña, foi a sede da Final Four Infantil, na que o Club Compañía de María Azul proclamóuse campión tras vencer na final ao CH Oleiros por 5 a 2.
Antes deste partido, na final de consolación, o HC Borbolla impoñíase ao CAA Dominicos A por un 8 a 5.
A clasificación final quedóu así:
Campión: Compañía de María Azul
Subcampión: CH Oleiros A
3° clasificado: HC Borbolla
4° clasificado: CAA Dominicos A.
Estes catro equipos disputarán do 28 ao 30 de abril a Fase de Sector en Mieres, Asturias, xunto a outros catro equipos asturianos, C.P. Mieres B, Almacén Lena Patinalon, C.P. La Corredoría e C.P. Mieres A.
Desta competición sairán os dous equipos que acudan ao Campeonato de España.