O Club Hóckey Feminino Meigas é o sorprendente primeiro líder tras a Primeira Sede da Liga Galega Infantil de Hóckey Liña que se iniciaba o pasado domingo. As mozas do conxunto lucense vencían nos seus dous partidos do mesmo xeito que Lóstregos Norte, pero a diferenza de goles deixa a aquelas na cabeza da clasificación provisional despois de disputar as dúas primeiras xornadas. Bo inicio tamén de A Guarda HL, que tamén se manteñen invictos grazas a unha vitoria e un empate, sendo estes tres os únicos equipos que aínda non coñecen a derrota. A Segunda Sede volverá disputarse no mesmo escenario o 7 de xaneiro de 2018, pero co CHL Meigas como anfitrión. #eupatino
Galería de imaxes 1 – Galería de imaxes 2 [Autor: Paco López]