Ao longo deste fin de semana no pavillón de Monte Alto de A Coruña disputouse a Final a 4 da categoría Sub-16 Feminina de Hóckey sobre Patíns, que deixaba como campión galego da categoría a Club Compañía de María, tras firmar un brillante balance con tres vitorias nos encontros xogados e ademais sen encaixar ningún tanto. A segunda praza foi para HC Raxoi, polo que ambos están clasificados para o Campionato de España a desenvolver en A Coruña do 18 ao 20 de maio, tamén en Monte Alto.
#eupatino