Aprazado o fin de semana do 11 e 12 de marzo, finalmente pudo disputarse os pasados 18 e 19 do mesmo mes o Campionato Galego na pista municipal de Sada (A Coruña) onde, desta vez si, a meteoroloxía respetou o desenvolvemento da competición tanto na tarde do sábado como na mañá do domingo, con dúas xornadas de sol nas que se presentaron un total de 69 patinadores e patinadoras para realizar todas as probas previstas, tanto as de sprint como as de fondo. No documento adxunto, podedes consultar todos os resultados.