A pasada fin de semana tivo lugar o X Campeonato de España solo Danza en Fuengirola. Nesta competición participaron oito patinadores e patinadoras galegos, conseguindo unha prata Joel Ribero, do CPA Gondomar.
A clasificación galega foi a seguinte.
Xuvenil Masculina:
2º Joel Ribeiro Díaz, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 105.10
Xuvenil Feminina:
7ª Verónica Longueira Rouco, do CD Fervello, coa puntuación total de 70.31
Junior Masculina:
5º Ángel Lorenzo Castañeda, do CD Fervello, coa puntuación total de 69.23
6º Iago Cacheiro Seoane, do CP Alquimia, coa puntuación total de 69.01
8º Fabián Martínez Longueira, do CP Alquimia, coa puntuación total de 55.95
Senior Masculina:
7º Brais Cano Fariñas, do CP Alquimia, coa puntuación total de 84.97
Senior Feminino:
6ª Enya Rodríguez Rodríguez, do CP Lenda, coa puntuación total de 114.20
10ª María Bilbao Palomo, do CP As Pontes, coa puntuación total de 102.82
Desde a FGP queremos dar a noraboa a todos os patinadores e patinadoras no Campeonato.