A fin de semana pasada disputáronse os Playoffs da Liga Galega en categoría Masculina e Feminina.
Na categoría Feminina, o CHL Meigas gañóu 17 a 1 ao Morcegos HL, clasificándose así para a final. Por outro lado, o Lóstregas fixo o propio vencendo cun 2 a 1 ao Brigantium.
Na final, o CHL Meigas impoñíase cun 6 a 1 ao Lóstregas, proclamándose campeonas da Liga.
Na categoría Masculina, o Lóstregos gañóu na tanda de penaltis contra o Galaicos e, así, clasificáronse para disputar a final contra o Lóstregos Master, o cal vencéu cun 3 a 2 ao Galicia Rollers.
Finalmente, o campión da Liga foi o Lóstregos Master, tras unha victoria de 4 a 2.