A pasada fin de semana, o 4 e 5 de maio, o club ADC Alquimia Inline organizou no Pavillón de Elviña II a segunda e última etapa da Liga Nacional de Inline Freestyle 2ª división.
Na competición, o ADC Alquimia Inline levouse novamente o título a mellor club de salto feminino, esta vez compartido co club Sportia de Ciudad Real. Por parte masculina, non lograron manter a súa posición e baixaron ao derradeiro posto nesta segunda sede.
Entre o equipo de Xuíces atopábase o xuíz autonómico Gonzalo Naya, que axudou aos Nacionais a sacar a competición adiante.
A clasificación foi a seguinte:
Feminino:
Masculino: