O Roller Derby está de volta na Coruña este fin de semana con dúas citas. O sábado 30 de setembro, e para celebrar o seu 5º aniversario, As Brigantias Roller Derby xogarán un partido contra as Liberty Rebellion de Portugal a partir das 18:15 horas no polideportivo de Elviña I (Praza Agustín Díaz Sánchez 5).
E o domingo 1 de outubro teremos unha atractiva proposta que se desenvolverá na polideportiva nº 1 de Riazor (Avda. da Habana s/n) da Coruña. As Brigantias Roller Derby organizan un BootCamp con Rosie Peacock, unha das mellores xogadoras desta modalidade a nivel mundial que participará na Roller Derby World Cup 2018 co seu Team Scotland e que, ademáis, acaba de xogar os Playoffs da WFTDA Pittsbursgh co seu equipo Auld Reekie Roller Girls. O BootCamp é aberto á Comunidade Derby e poden acudir as xogadoras que o desexen previa inscrición. Dentro do programa que impartirá ao longo de toda a xornada (12:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas) está o dominio do patín, exercicios de blocker, exercicios de jammers e diversas disposicións de xogo táctico e estratexia.