PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 21

CHL Meigas e Peque Lóstregos, campións galegos das ligas autonómicas de Hóckey Liña nas categorías Feminina e Benxamín

Posta de longo para a nova pista de Ourense, no pavillón do colexio público Luis Acuña do barrio da Carballeira, onde este domingo 20 de maio se disputaron as Finais a 4 das categorías Feminina e Benxamín de Hóckey Liña. Non houbo sorpresa na dos máis cativos, con Peque Lóstregos impoñéndose aos locais de Morcegos HL por 8-3, quen foron capaces de pasar á final en detrimento de Club Hóckey Minimeigas, que rematara a liga regular en segunda posición. Un axustado 2-3, con un gol dos ourensáns nos derradeiros minutos do partido, permitía a estes xogar a final e proclamarse subcampións.

Na Feminina, os dous favoritos disputaron a final, con Lóstregos Feminino derrotando claramente a ACD Alquimia Inline (7-0) nunha semifinal e CHL Meigas facendo o propio na outra ante Brigantium, aínda que neste caso por un axustado 2-0. No que xa vai camiño de converterse nun enfrentamento clásico, Meigas era desta volta o gañador da categoría Feminina mudando así o desenlace da recente semifinal da Copa Princesa Feminina, ao derrotar a Lóstregos por 1-0, nun partido moi semellante a aquel desputado hai poucas datas en Lugo.

A entrega de trofeos aos campións e de medallas aos tres primeiros clasificados contou coa presenza de Mario Guede, concelleiro de deportes do Concello de Ourense.

Resultados

[Fotos: CP Lóstregos Lucus e CHL Meigas]

#eupatino

HL-2018-20-05-F4-Femenina-Meigas

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL