Na xornada do domingo 30 de setembro levouse a cabo na cidade da Coruña o curso de árbitros de Hóckey Liña correspondente á tempada 2018-2019, que se celebrou no Palacio dos Deportes de Riazor e foi impartido polo colexiado internacional Ramón Córdoba.
Con un total de 26 participantes, o programa desenvolveuse en dúas fases: pola mañá os inscritos e inscritas que renovaban curso fixeron as labouras de arbitraxe e mesa nos partidos do Torneo Cidade da Coruña, organizado por ADC Alquimia InLine no propio recinto coruñés. Namentres, desde as gradas os novos alumnos e alumnas, acompañados por Ramón Córdoba analizaban as incidencias e situacións que se ían producindo, ao mesmo tempo que solventaban dúbidas do regulamento e posición na pista de xogo. Xa de tarde, e tras un receso para comer, realizouse unha clase teórica nunha aula na que se visualizaron vídeos e imaxes referidas ó temario do curso.
#eupatino