O pasado sábado celebrouse en A Coruña o Stage de árbitros de hóckey a patíns pertencentes a la Federación Galega de Patinaxe.
Este ano, como novidade, contou coa participación dos responsables do Comité Nacional de árbitros da RFEP, Óscar Valverde e Antonio Gómez, que aproveitaron para realizar as probas físicas aos árbitros nacionáis Galegos.
Ao longo da mañá, ademáis das probas físicas, os árbitros tiveron diferentes charlas e talleres:
– Calentamento e volta á calma na arbitraxe, a cargo de Óscar Parga, Preparador Físico e Fisioterapeuta.
– O equilibrio e a xestión das emocións na arbitraxe, a cargo de Alfonso Dans, Psicólogo e Máster en Psicoloxía do deporte.
Pola tarde foi a quenda de toda a parte técnica:
– O exame de Reglamento, a cargo de Rubén Fernández, árbitro Internacional da FGP.
– Visionado de xogadas e actualización das novas Regras de xogo a cargo de Rubén Fernández, Óscar Valverde e Antonio Gómez.