Aproveitando a celebración da derradeira Sede das categorías Infantil e Feminina en Lugo o pasado fin de semana, o sábado 20 de maio desenvolveuse un Clinic de Tecnificación de Hóckey Liña impartido por Philippe Boudreault, director técnico e seleccionador nacional. Organizado pola Federación Galega de Patinaxe, contou coa presenza de 38 adestradores e monitores de base, co obxecto de establecer os primeiros conceptos que se deben aplicar na tecnificación dos xogadores. O Clinic contou con partes teóricas e prácticas, deixando moi boas sensacións entre os asistentes que acudiron.