Posiblemente non haxa mellor data que o Día dás Letras Galegas para celebrar un Campionato Galego. Na festividade deste ano tocoulle á modalidade de Freestyle, que ademais se convocaba por primeira vez na historia coa participación dos clubes Sobre Rodas, Alquimia InLine, Freestyle Slalom Vigo e Galicia Rollers. A competición celebrouse no pavillón municipal Paco Chao do Carballiño, organizada polo club local Aehde.
No acto de entrega de medallas contouse coa presenza ao finalizar a competición de Manuel Dacal (concelleiro de Deportes do Concello do Carballiño), Uxío Álvarez (presidente do Club Aehde) e Iñaki Ramón, da Comisión de Freestyle da Federación Galega de Patinaxe. No documento adxunto podedes consultar as clasificacións de todas as probas disputadas nas modalidades de Speed Slalom, Classic Jam, Derrapaxes, Salto e Battle.
Galerías de imaxes
Salto Feminino – Salto Masculino
Entrega de medallas e equipos participantes
Nota publicada polo Club Aehde
O palmarés do Freestyle en Galicia foi inaugurado nas categorías absolutas por Sonia Dorado e Óscar Pedrós en Speed Slalom, María Rúa Alonso e Roberto Luzar en Classic, Iván Rama en Derrapaxes, Candela Suárez e Noelia Rodríguez en Jam, María Rúa e Óscar Padrós en Battle e Marina Oliveras e Pablo Espido en Salto. A subcampioa do mundo da especialidade, de só 15 anos, quedouse a un centímetro de batir o seu propio récord, xa que gañou unha proba de moito nivel cun salto de 1,17 metros.
En categorías de formación tamén inauguran o palmarés: Uxía González, María Abelleira, Candela Suárez, Álex Oliveras, Noelia Rodríguez, Alexander Bello, Lucía Liñares, Noelia Cob, Sergio Cob e Jesús Ángel Méndez.