A segunda xornada do programa de Tecnificación da Federación Galega de Patinaxe da modalidade de Hóckey Liña desenvolveuse o pasado sábado 9 de febreiro no pavillón de Castrelos de Vigo baixo a dirección técnica de Javier Bermúdez e Óscar Manuel Romay.
Foron convocados un total de 67 xogadores e xogadoras dos clubes galegos das categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Sub 20 Feminina que estiveron divididos en tres grupos, contando ademais coa colaboración na preparación física de Silvia González e coa participación como axudantes no apartado técnico e de loxística de Xunio Rodríguez e Miguel Fernández.
#eupatino