O pavillón do Ensanche de Ferrol acolleu o pasado fin de semana (10-11 de novembro) a penúltima competición oficial autonómica da presente tempada de Patinaxe Artística, que baixo a organización do Club Patinaxe Buxaina contou coa presenza de 112 patinadoras e patinadores das categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta.
O sábado foi a quenda da III Fase de Categoría Rexional con 91 participantes e podios moi repartidos entre diversos clubes que acudían mentres que o domingo se realizaban as Probas de Acceso a Categoría Rexional con bos resultados en xeral, pois case a metade dos 21 inscritos lograban superalas.
Os resultados completos están xa para a vosa consulta na páxina web de competicións da FGP.
[Fotos: Club Patinaxe Artística Buxaina, Club Patinaxe Galia e CP Omega]
#eupatino