Onte, 28 de xullo, tivo lugar a I Tecnificación de Inline Freestyle na Nave Roller Ourense co obxectivo de dar novos coñecementos e asentar as bases de cara á seguinte tempada.
A tecnificación foi dirixida a todos os deportistas con ficha federativa de Patinaxe Freestyle, adestradores e delegados.
Tamén, con esta xornada formativa, pretendíase observar a todos aqueles federados Sub14 con opcións de entrar na Selección Galega de Inline Freestyle de cara a formar equipo para ovindeiroCampionato de Seleccións que terá lugar en decembro.
Os formadores foron os seguintes:
Alba García, Classic e Battle:
Logros nacionais:
– Campionatos de España: 7 veces consecutivas Campioa Absoluta de Battle 2013-2019, 5 anos Campiona Classic (2013- 15, 2018-19), Subcampioa Speed Slalom (2014-15), Campioa modalidade Saltos 2013.
– Copa de España: Campioa en categoría absoluta en Battle e Classic varios anos
Resultados internacionais:
6 anos formando parte da Selección Nacional de Inline Freestyle para os europeos e mundiais.
– 4ª posición en Classic junior no European Freestyle SkatingChampionship. Busto Arsizio, 2014
– 7ª posición en classic junior no World Freestyle Skating Championships. París, 2014.
– 8ª posición en Classic sénior na Coupe du Monde de Roller Freestyle. París, 2015.
– 4ª posición Battle sénior e 9ª posición Classic senior no World Freestyle Skating Championships. Torino, 2015.
– 5ª posición battle y 6ª posición Classic sénior no World Freestyle Skating Championships. Bangkok, 2016.
– 6ª posición battle World Freestyle Skating Championships. Nanjing, 2017.
– 8ª posición battle World Freestyle Skating Championships. Arnhem, 2018.
– 5ª posición battle e 6ª posición Classic sénior nos World Roller Games. Barcelona, 2019.
Pablo López, Speed:
Adestrador Nacional de Inline Freestyle, Patinaxe de Velocidade e Hóckey Liña
Adestrador do Club Deportivo Rolling Lemons na especialidade de Inline Freestyle en Speed Slalom
Deportistas laureados:
– Campión de Europa.
– Máis de 50 Campións de España
– Mellor club de speed slalom na Liga Nacional masculina e feminina, tamén na Liga Europea Femenina
Técnico Apoio da Selección en Speed Slalom nas tempadas 2021-2022
José Lago, «El ojo del Juez»
Xuíz Nacional e formador dos xuíces autonómicos en Galicia. Deu unha charla sobre as subxectividades do regulamento e o por qué non se entenden os resultados obtidos, orientada a adestradores e delegados.