Esta fin de semana, 14 e 15 de setembro, celebrouse a formación de árbitros e anotadores de hóckey liña para a tempada 2024/2025 impartida por Isabel Rodríguez Sancosmed, árbitro internacional da FGP.
O sábado 14 comezaron os árbitros. Asistiron 32 (15 novos) en dúas xornadas: pola mañá tivo lugar a parte teórica e o exame e, pola tarde, foi a práctica de pista.
O domingo 15 foi a quenda dos anotadores, cun total de 48 asistentes de maneira online para cubrir os postos de anotador oficial nos partidos.