PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 13

Case un cento de participantes acudiron á I Fase de Categoría Rexional de Patinaxe Artística

Organizada polo CPA Omega, celebrouse o pasado sábado 11 de febreiro a I Fase de Categoría Rexional no pavillón do Milladoiro do Concello de Ames. Finalmente foron un total de 91 participantes os que realizaron o programa libre en varias categorías, sendo os gañadores de cada unha delas Lola Álvarez Romeu do CPA Gondomar (Benxamín Feminino), Diego Íñiguez Lodeiro do CP Axel Arteixo (Benxamín Masculino), Sara Abal Giráldez do CPA Gondomar (Alevín Feminino), Carmen Ruiz Balboa do CPA Maxia (Infantil Feminino), Iván Ryan Seijas Gómez do CP Oleiros (Cadete Masculino), Lucía Dapena García do CPA Maxia (Cadete Feminino) e Rita Alonso Allegue do CP Oleiros (Absoluta Feminino).

Debido a algunhas ausencias, puidose realizar todo o programa previsto durante a mesma xornada, finalizando xa ben entrada a tarde coa entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, contando ademais coa presenza do alcalde de Ames e concelleiro de deportes do municipio coruñés, José Miñones.

 

Clasificacións I Fase Categoría Rexional

 

[Fotos: CPA Omega]

IMG_2410 IMG_2402  IMG_2398 IMG_2406IMG_2394 IMG_2386

IMG_2414

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL