A Real Federación Española de Patinaxe xunto o Concello da Coruña e o Hoquei Club Liceo acordaron a cancelación da Copa do Rei e da Raíña de Hoquei Patíns que se ía desputar do 17 ó 20 de setembro na Coruña debido a actual situación sanitaria pola crisis da covid-19.
Examináronse tódolos escenarios posibles para a celebración da mesma noutras datas, pero tralo estudio e debido a que os riscos da celebración eran moi grandes, tomouse a decisión de cancelar a edición deste ano 2020.
O evento, que xa lle ía desputar do 19 ó 22 de marzo, tivo que ser aprazado debido o estado de alarma decretado en España.
A edición do ano 2021 terá como sede a cidade da Coruña do 17 ó 21 de marzo.