Alcobendas acolle desde o xoves e ata o domingo o XVI Campionato de España de seleccións autonómicas Feminino e o XXVIII Masculino, ambos en categoría Sub15.
A competición Feminina se dispútase por sistema de liga, coa participación de Andalucía, Asturias, Cantabria, Cataluña, Euskadi, Galicia e Madrid.
A selección Galega debuta o xoves ás 10:30h fronte a Cataluña.
Por parte Masculina, formaranse dous grupos. A Selección Galega está no grupo B xunto con Andalucía, Asturias, Castilla la Mancha, Comunidade Valenciana Euskadi.
Galicia inicia a competición o xoves ás 12:15h fronte a Castilla La Mancha.

Todos os partidos retransmitiranse en directo a través de FEP.TV e da canle de YouTube Club Patín Alcobendas