Este xoves comenza o Campeonato de España de Seleccións Autonómicas Masculino e Feminino que se disputa en Badajoz en dúas sedes: Burguillos del Cerro para a competición Masculina e Jerez de los Caballeros para a Feminina.
A primeira Selección en debutar será a masculina o xoves a ás 9h frente á Selección de Euskadi, encadradas no Grupo A xunto con Andalucía, Navarra e Comunidad Valenciana.
Xoves 17:30h: Galicia – Com. Valenciana
Venres 16h: Andalucía – Galicia
Sábado 10:30h: Galicia – Navarra
Pódese acceder aos calendarios e clasificación dos partidos da selección masculina na web da FGP e aos de toda a competición na web da RFEP nesta ligazón: http://www.hockeypatines.fep.es/league/2373
Os partidos da competición masculina retransmitiranse en directo na seguinte ligazón: https://www.twitch.tv/imusonaudiovisuales
Pola súa parte, a Selección Feminina debuta o venres ás 13:30h frente a Cataluña. Euskadi e Andalucía serán os seus outros rivales dentro do Grupo B.
Venres 20:30h: Galicia – Euskadi
Sábado 12h: Andalucía – Galicia
O sábado pola tarde, en función da clasificación na Fase de Grupos, xogaranse os cruces cos equipos do outro grupo e o domingo pola mañá, os partidos que definen a clasificación final.
A información sobre os horarios e resultados dos partidos da selección feminina subiranse a web da FGP e os de toda a competición feminina poderán consultarse na ligazón: http://www.hockeypatines.fep.es/league/2372 na web da RFEP.
Os partidos da categoría feminina podrán verse en directo en: https://www.twitch.tv/okextremadura