PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ene 08

Cambio de líder despois da Segunda Sede da Liga Galega Infantil de Hóckey Liña

Aínda que continúan empatados a 12 puntos e contando os seus catro partidos disputados por vitorias, Lóstregos Norte é o novo líder provisional da Liga Galega Infantil de Hóckey Liña ao contar con un saldo favorable de dous tantos máis de diferenza con respecto a Club Hóckey Feminino Meigas, que tivo un partido moi reñido con A Guarda HL, pero que puido sacalo adiante por unha mínima diferenza.

Non foi unha boa xornada para os do sur de Pontevedra, que se enfrentaban aos dous primeiros clasificados, polo que colleitaron as dúas primeiras derrotas da tempada e baixando así ao quinto posto sendo superados agora por Lóstregos Sur e Morcegos HL, cos ourensáns como un dos equipos revelación e demostrando unha solidez envexable que lles dá moito pulo de cara ao Play Off polo título, no que catro conxuntos se deberán repartir as dúas prazas restantes que deixarán tanto Lóstregos Norte como Meigas.

Tras esta Segunda Sede celebrada no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo este domingo 7 de xaneiro, cos regalos de Reis aínda moi frescos, restan dúas máis en Vigo o 4 de marzo e en A Coruña o 13 de maio, que decidirán a clasificación desta liga regular.

Resultados e clasificación

#eupatino

[Fotos: Paco López]

HL-2018-01-07-Infantil-Sede2-1 HL-2018-01-07-Infantil-Sede2-2 HL-2018-01-07-Infantil-Sede2-8 HL-2018-01-07-Infantil-Sede2-9

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL