Nun abarrotadísimo Pabellón Castelao I, en Ordes, disputouse do 28 ao 30 de abril o Sector Junior, no que o CAA Dominicos gañaba na final ao Deportivo Liceo por 8 a 3.
Na loita polo 3° e 4° posto, o CP Areces Pavitek impoñíase ao AC Ordes por un axustado 4 a 3.
Á final acudíu o Alcalde de Ordes, D. Jose Luís Martínez, a Concelleira de Deportes, Dña. Ana Soneira e a Presidenta da FGP, Dña Maria Jesús Vázquez.
Cabe destacar a magnífica organización do Concello de Ordes e del club anfitrión, o AC Ordes, tanto a nivel deportivo como loxístico.
Clasificación final:
Campión: CAA Dominicos
Subcampión: Deportivo Liceo
3° clasificado: CP Areces Pavitek
4° clasificado: AC Ordes
5° clasificado:HC Raxoi
6° clasificado: Oviedo Roller HC
7° clasificado: Compañía de María
8° clasificado: CD Patinalón
Os dous equipos finalistas participarán no Campeonato de España Junior que se disputará na localidade madrileña de Alameda de Osuna do 26 ao 28 de maio.