PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 12

Brigantium lidera o Grupo A da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña tras a Sexta Sede celebrada en Lugo

Dúas vitorias nas xornadas 2 e 3 é o balance que lle permite a Brigantium continuar invicto no Grupo A e sen ceder aínda ningún punto tras a Sexta Sede, disputada este domingo 11 de marzo no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo e organizada polo CP Lóstregos Lucus. Semella, polos resultados acadados, que os outros catro equipos se xogarán as tres prazas restantes para a Final a 4, sendo a priori A Guarda HL que o ten máis complicado pois só lle resta un encontro por xogar, na que descansarán na quinta xornada, polo que non dependen de si mesmos. O desenlace chegará na Séptima Sede na Coruña o 8 de abril

No que atinxe ao Grupo B, que iniciaba aquí a segunda fase da competición, Brigantium Beta sitúase na cabeza logo de ser o único que conseguía gañar ante ADC Alquimia Inline, xa que Morcegos HL e Vigo Blue Ringed empataban nun encontro marcado pola efectividade atacante.

Resultados e clasificacións

[Fotos: ADC Alquimia Inline]

#eupatino

HL-2018-03-11-Masculino-Sede6 @Alquimia (1) HL-2018-03-11-Masculino-Sede6 @Alquimia (2) HL-2018-03-11-Masculino-Sede6 @Alquimia (3) HL-2018-03-11-Masculino-Sede6 @Alquimia (5)

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL