Coas competicións autonómicas a piques de rematar, comeza o proceso de selección de xogadores e xogadoras que conformarán a Selección Galega de Hóckey Liña ñas categorías Alevín, Infantil e Feminina Sub20.
Para esta primeira preselección, serán os propios clubes baixo o criterio dos seus corpos técnicos os que propoñan a listaxe inicial ós seleccionadores galegos, Javier Bermúdez e Óscar Romay, que en todo caso poderán facer as suas propias proposicións.
Este proceso de preselección levarase a cabo no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo para os rapaces e rapazas da Coruña e Lugo, mentres que no pavillón Antonino Torrón do Colexio As Solanas da Guarda será a dos xogadores de Ourense e Pontevedra.