Os equipos galegos de Meigas e Lóstregos firmaron unhas boas actuacións a fin de semana na Liga Nacional Ouro femenina de Hoquéi Liña, que se disputou no pabillón Daniel Cordido Castro de Lugo, conseguindo ambas escuadras seis dos nove puntos en xogo.
Lóstregos impuxose a Angels Sagunto (2-1) e Metropolitano (2-3) e caeu ante Panteras (1-10). Pola súa parte, Meigas gañou Skulls Almasera (1-2), a Valladolid Gatas (2-0) pero non puido imporse a Fénix (8-1).
A siguiente sede disputarase en xaneiro de 2020.
Ademáis, na Liga Ouro Alevín Lóstregos gañou dous dos seus tres compromisos. Impuxose a Lobos Iscar (7-2), Tucans Asme (2-3) e perdeu con C Gadex (10-2).