A expedición das Seleccións Galegas de Hockey Liña xa está de volta.
Despois participar durante esta ponte festiva no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hockey Liña, as Seleccións Galegas Masculina e Feminina xa retornaron.
A valoración de está participación e moi boa, a Selección Masculina acadou o quinto posto e a Feminina o sexto, aínda que por riba dos datos meramente clasificatorios compre valorar a experiencia global de este torneo.
Os seleccionados e seleccionadas foron quen de ir de menos a máis nas distintas fases do Campionato e fixeron unha piña como equipo, empapáronse de Hockey durante unha intensa fin de semana na que a afluencia de público no pavillón bilbaíno de Zorrotza foi digna de mención a grada do pavillón quedou pequena e o público amosouse totalmente volcado en todos e cada un dos partidos.
No aspecto meramente deportivo cómpre destacar o excelente nivel visto sobre a pista do Metropolitano, xa que estes xogadores e xogadoras lonxe de parecer infantís parecían de categorías bastante superiores.
Finalmente, a grande vencedora do Campionato foi a Selección de Castela e León, que acadou o primeiro posto en ámbalas categorías tras derrotar á Comunidade de Madrid nas dúas finais.
Selección femenina
Selección masculina