PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Dic 13

Avance XVI Torneio Internacional de Natal de Hóckey sobre Patíns

Organizado pola Asociação de Patinagem de Aveiro, esta fin de semana disputarase a 16.ª edición do Torneio Internacional de Natal de Hóckey sobre Patíns, que este ano contará cunha importante novidade ao acoller, por primeira vez, partidos da categoría Sub-17 Feminina e na que estará representada a selección galega dirixida por Joan Grasas, que xogará dous encontros, o primeiro contra AP Porto o sábado pola tarde e o segundo ante AP Aveiro na mañá do domingo.

O feito de que haxa representación feminina e masculina, neste caso coas seleccións rexionais Sub-15 de Aveiro, Porto, Minho e Galicia, esta adestrada por Manuel Togores, conleva a distribución do torneo amigable en dúas sedes, Oliveira de Azeméis e Cucujães, onde se xogarán os nove partidos previstos nos dous días de competición.

 

 

 

 

 

CALENDARIO (*Hora local, unha máis en España)

Sábado, 15 de decembro de 2018

Xornada 1 – Pavillón Dr Salvador Machado

10:00 | AP Aveiro – AP Porto (Sub-15 Masculino)

11:30 | AP Aveiro – AP Porto (Sub-17 Feminino)

13:00 | AP Minho – Galicia (Sub-15 Masculino)

Xornada 2 – Pavillón CD Cucujães

19:30 | AP Porto – Galicia (Sub-17 Feminino)

21:00 | AP Porto – AP Minho (Sub-15 Masculino)

22:30 | AP Aveiro – Galicia (Sub-15 Masculino)

Domingo, 16 de decembro de 2018

Xornada 3 – Pavillón Dr Salvador Machado

10:00 | Galicia – AP Porto (Sub-15 Masculino)

11:30 | AP Aveiro – Galicia (Sub-17 Feminino)

13:00 | AP Aveiro – AP Minho (Sub-15 Masculino)

14:00 | Cerimonia de clausura

2018-12-15.16-HP-TorneoNatal-ConvocatoriaFeminina 2018-12-15.16-HP-TorneoNatal-ConvocatoriaMasculina

 

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL