PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 08

Avance XV Torneio Internacional de Carnaval de Hóckey sobre Patíns

A Associação de Patinagem Minho exerce de anfitrión este fin de semana na 15ª edición do Torneio de Carnaval de Hóckey sobre Patíns que se celebra na localidade lusa de Caldas das Taipas en Caldelas, no municipio de Guimarães. O pavillón do CART acollerá os seis encontros coas seleccións rexionais Sub-15 de Galicia, Minho, Porto e Aveiro, que xa se enfrentaron nos recentes torneios de Nadal e de Reis. Esta será a derradeira visita dos galegos a Portugal antes do Torneo Luso-Galaico organizado pola Federación Galega de Patinaxe.

Como é habitual, o sábado disputaranse dúas xornadas con Galicia xogando contra Aveiro e Porto mentres o domingo pechará o torneo amigable con Minho. O adestrador do conxunto galego contará co mesmo núcleo de xogadores que formaron parte das dúas anteriores convocatorias, con tres cambios desta vez con respecto á de xaneiro.

#eupatino

 

 

 

Convocatoria Selección Galega

1 David Campas Pakelli

2 Adrián Aguirre Cancela

3 Ignacio Sáenz de Buruaga Doce

4 Miguel Fernández Dourado

5 David Tato Bermúdez

6 Álex Fuentes Gómez

7 Marcos Vaamonde Couto

8 Ramón Martín Amigo

9 Eloy Martínez Edreira

10 Carlos Rodríguez Gómez

Adestrador: Manuel Togores Sanmartín

Delegados: Pablo Suárez Díaz e Jorge Varela Jaspe

 

CALENDARIO E HORARIOS

Sábado, 10 de febreiro de 2018

Xornada 1

10:00 | Selección Minho – Selección Porto

11:15 | Selección Galega – Selección Aveiro

Xornada 2

18:00 | Selección Porto – Selección Galega

19:15 | Selección Minho – Selección Aveiro

Domingo, 11 de febreiro de 2018

Xornada 3

10:00 | Selección Porto – Selección Aveiro

11:15 | Selección Minho – Selección Galega

12:45 | Ceremonia de clausura

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL