Tras disputar o mes pasado o Torneio de Natal en Viseu, a Selección Galega de Hóckey sobre Patíns comeza o 2018 coa habitual participación no Torneio dos Reis “Celestino Brito”, que se desenvolverá na xornada do sábado 6 de decembro e o domingo 7 no pavillón municipal da cidade lusa de Valongo coa AP Porto como anfitrión e que chega á súa duodécima edición. O conxunto galego composto por dez xogadores e dirixido por Manuel Togores contará con catro novas incorporacións con respecto á cita de Nadal, o que servirá ao adestrador coruñés para ir comprobando a evolución dos xogadores de cara a futuros compromisos oficiais.
#eupatino
Convocatoria Selección Galega
1 Juan Francisco Dumont
2 Adrián Aguirre Cancela
3 Ignacio Sáenz de Buruaga Doce
4 Miguel Fernández Dourado
5 Hugo Mosquera Ares
6 Álex Fuentes Gómez
7 Marcos Vaamonde Couto
8 David Tato Bermúdez
9 Marcos Vieites del Río
10 Eloy Martínez Edreira
Adestrador: Manuel Togores Sanmartín
Delegado: Pablo Suárez Díaz
#eupatino
CALENDARIO E HORARIOS
Sábado, 6 de xaneiro de 2018
Xornada 1
10:00 | Selección Porto – Selección Aveiro
11:00 | Selección Minho – Selección Galega
Xornada 2
18:00 | Selección Porto – Selección Minho
19:00 | Selección Galega – Selección Aveiro
Domingo, 7 de xaneiro de 2018
Xornada 3
10:00 | Selección Aveiro – Selección Minho
11:00 | Selección Porto – Selección Galega